diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación da Coruña pagará axudas inmediatas a 4.000 profesionais dos sectores agrogandeiro, pesqueiro e do transporte

  • 18 de marzo de 2022
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña porá en marcha un plan urxente de axudas directas destinado aos sectores agrogandeiro, pesqueiro e do transporte, gravemente afectados pola alza dos combustibles e as consecuencias económicas da guerra de Ucraína. As subvencións, que a Deputación calcula que beneficiarán a preto de 4.000 profesionais da provincia, serán de carácter prepagable e concedidas entre 7 e 24 horas despois de que se faga efectiva a solicitude, e servirán para sufragar a compra de combustibles.

O plan, explicou o presidente Valentín González Formoso, estará dotado incialmente con 5 millóns de euros e podería incrementarse ata os 10 millóns en función das necesidades. As axudas serán de 3.000 euros con carácter prepagable, similares ás que a Deputación aprobou o ano pasado durante a pandemia para apoiar ao sector da hostalaría e as axencias de viaxe, e que se pagaron en tempo récord.

O presidente provincial fixo o anuncio tras reunirse con representantes de Unións Agrarias, da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores e de FEGATRAMER-ACOTRADES para explicarlles esta iniciativa e obter a súa aprobación. No encontro tamén participaron o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira (por vía telemática) e os deputados Xosé Ramón Rioboo, Bernardo Fernández e María Muíño.

Formoso explicou que “o que pretendemos con esta liña de axudas é reaccionar ante unha situación moi difícil para sectores estratéxicos da economía da provincia”. Aínda que se declarou consciente de que as axudas non van resolven a situación, “cremos que aporta un gran de area, un pouco de luz” e instou a outras administracións, en concreto á Xunta de Galicia cun orzamento de 13.000 millóns fronte aos 189 da Deputación, a pór en marcha liñas similares de axudas. “Gustaríanos que o resto de administracións nos copiaran”, remarcou, lembrando ademais que “o 58% dos impostos dos carburantes son transferidos á comunidade autónoma”.

“A Xunta pode habilitar liñas de axuda, debe habilitalas de xeito urxente, ten máis capacidade que a Deputación da Coruña e ten a mesma obriga como administración pública. Axudas para os pescadores, os gandeiros, os agricultores e os transportistas para que poidan volver a arrincar os seus tractores, os seus barcos, os seus camións en condicións rendibles”, afirmou Formoso.

O presidente da Deputación explicou que convocará un pleno extraordinario para a aprobación definitiva deste plan de axudas. “Cando teñen a necesidade é agora, non dentro de meses nin dun ano”, sostivo Formoso, que explicou que a Deputación “aproveitará a experiencia adquirida” durante a pandemia coa creación das axudas á hostelería para tramitalas de forma áxil. O prazo medio de pagamento destas axudas foi de 7,5 días, chegando a alcanzar un tempo mínimo de 7 horas, un récord no pagamento de subvencións da Deputación.

Formoso agradeceu ” a comprensión e implicación dos representantes dos tres sectores” e díxolles que “estamos ao seu carón e reclamamos que se resolva esta cuestión tan complexa, sobre todo tendo en conta que os transportistas son os mesmos e as mesmas que hai dous anos aplaudíamos nos balcóns cando nos traían as máscaras e os respiradores arriscando a súa vida”. “É o mesmo colectivo e polo tanto necesitamos demostrarlles que son estratéxicos e que os queremos vivos, activados e loxicamente nunha actividade que resulte rendible”, concluíu.

Pola súa parte, o presidente de ACOTRADES, Ramón Devesa, agradeceu “ao presidente esta axuda que nos brindou hoxe e que é importante para o sector do transporte” pero expresou a súa preocupación polo alza no prezo do gasoil. “Temos que ter un gasoil con prezo razoable porque a este prezo non podemos traballar”, explicou.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Coruña
    Marea Atlántica acusa a Inés Rey de negacionista co problema da vivenda na Coruña
    • 31.01.23
    • Manuel Pastor
    • Actualidad
    • Coruña
    Inés Rey rebaja el precio del bus urbano hasta después de las elecciones municipales
    • 31.01.23
    • Manuel García
    • Actualidad
    • Coruña
    Ningún puerto de España creció en tráfico de mercancias en 2022 tanto como el de A Coruña
    • 30.01.23
    • Marta Arias
    • Actualidad
    • Coruña
    El BNG insiste en que la rebaja en el bus urbano es irrelevante si el Concello no refuerza la atención al público en la Estación de Autobuses
    • 30.01.23
    • Marcos Rodríguez
    • Actualidad
    • Coruña
    A Coruña continúa siendo la ciudad gallega con más okupaciones
    • 30.01.23
    • Marcos Rodríguez
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.