diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Galicia

A Deputación da Coruña aposta polo talento da mocidade con medio millón de euros en 48 bolsas para proxectos investigación e perfeccionamento de estudos artísticos

  • 23 de diciembre de 2024
  • Manuel Pastor
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña reafirma o seu compromiso co talento da mocidade da provincia coa entrega de 48 bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos e proxectos de investigación, cunha dotación económica de 10.000 euros cada unha. Este investimento, que suma un total de 480.000 euros, «busca recoñecer, impulsar e apoiar o talento da nosa mocidade, contribuíndo á formación de excelencia das novas xeracións», afirmou o titular do goberno provincial, Valentín González Formoso, que presidiu hoxe a recepción aos bolseiros no salón de plenos da institución provincial, na que participou tamén a deputada de Educación e Mocidade, Yoya Neira, e os portavoces dos grupos políticos da corporación provincial.

Das bolsas concedidas, 20 están destinadas a financiar proxectos de investigación en ámbitos como as ciencias da saúde, as humanidades, as ciencias sociais, xurídicas ou de xénero, e a enxeñería e arquitectura. Por outra banda, as 28 bolsas artísticas permitirán que novos talentos da provincia completen a súa formación en danza, música, cine, artes plásticas ou escénicas en centros de alto nivel de fóra de Galicia e do estranxeiro.

Ao longo dos anos, estas bolsas permitiron mellorar a formación de centos de mozas e mozos coruñeses en cidades como Madrid e Barcelona ou en centros de Estados Unidos, Francia, Italia, Reino Unido ou Países Baixos.

Nos últimos anos, a Deputación incrementou tanto o número como a contía destas axudas, que pasaron de 40 bolsas de 8.000 euros a 48 bolsas de 10.000 euros. Esta aposta pola formación e polo desenvolvemento do capital humano é, segundo destacou o presidente da Deputación, «o investimento máis rendible que pode facer unha institución».

O programa de bolsas artísticas conta cunha longa tradición, e inclúe a figuras como Isaac Díaz Pardo, Modesto Brocos ou Eugenio Granell, que tamén foron bolseiros da Deputación no seu día.

«A formación que adquirides grazas a estas bolsas non só beneficia ás vosas carreiras profesionais e artísticas, senón que tamén son un activo para o conxunto da sociedade galega, permitindo que as vosas capacidades revertan no futuro nas nosas empresas, institucións e no desenvolvemento do noso país», sinalou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Ademais destas bolsas, a Deputación da Coruña destina anualmente outros 158.000 euros en 45 bolsas para apoiar aos mellores deportistas da provincia, consolidándose como un referente no apoio ao talento en todas as súas vertentes.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Manuel Pastor

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.