diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025

  • 28 de mayo de 2025
  • Redacción
Total
0
Shares
0
0

Esta mañá presentouse oficialmente a edición 2025 do Gran Fondo Ézaro (GFE), unha das probas cicloturistas máis recoñecidas do noroeste peninsular. A cita deportiva, organizada por Emesports, celebrarase o vindeiro 6 de xullo e percorrerá un total de 101 km polos concellos de Dumbría, Cee, Vimianzo, Mazaricos, Carnota e Muxía, cun aliciente especial: a incorporación dun tramo de 2,5 km por camiños de terra.

Este novo percorrido forma parte da aposta da organización por innovar mantendo a esencia dunha proba que cada ano gaña peso no calendario cicloturista. A edición deste ano contará cun convidado de excepción, Purito Rodríguez, que levará o dorsal número 1 e toma a remuda de lendas como Alejandro Valverde, Miguel Indurain ou Samuel Sánchez, que xa participaron en edicións anteriores.

O director da proba, Ezequiel Mosquera, salientou a beleza e o reto técnico do novo tramo de terra: «É unha subida moi bonita e segura, que discorre por unha auténtica autoestrada natural ata o alto da Ruña». Subliñou tamén o compromiso das administracións, patrocinadores e Corpos de Seguridade: «Sen eles, esta proba non sería posible».

Na presentación interviron representantes institucionais que destacaron o valor deportivo, turístico e económico do evento. Entre eles, Antonio Leira, deputado de Deportes da Deputación da Coruña, quen expresou o orgullo da institución provincial por apoiar desde o primeiro momento este soño feito realidade: «Parecía imposible organizar unha proba así antes da primeira edición. Hoxe é unha referencia. Para a Deputación é un privilexio formar parte desta familia e seguir ao voso carón edición tras edición».

Tamén tomaron a palabra o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, que relacionou o ciclismo coa dinamización do Camiño de Santiago, e Carmen Pita, de Turismo de Galicia, que definiu o GFE como un «escaparate privilexiado para promocionar a Costa da Morte e a calidade turística galega».

Pechou o acto o alcalde de Dumbría, Raúl González, quen destacou o impacto económico local da proba: «Os hoteis están a tope. O GFE é un evento top cunha organización impecable».

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Redacción

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia con 1,2 millóns de euros a 156 clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito nacional e internacional
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.