diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A Deputación apoia con 3,8 millóns ás entidades sociais da provincia na execución de programas, servizos, contratación de persoal e mellora dos seus centros

  • 14 de noviembre de 2024
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña vén de publicar as bases de cinco liñas de subvencións cun orzamento total de 3,8 millóns de euros destinadas ás entidades sen ánimo de lucro da provincia que actúen no ámbito dos servizos sociais e a igualdade durante 2025. As entidades poden solicitar estas axudas desde mañá venres, 15 de novembro, ata as 14.00 horas do vindeiro 16 de decembro de 2024.

«Estas liñas de subvencións completaranse con outras adicionais para chegar aos 4,5 millóns de euros, cos que apoiamos a máis de 270 entidades na posta en marcha de programas e servizos, contratación de persoal e mellora dos seus centros», afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, para quen ese apoio permite «mellorar a vida de miles de persoas na provincia, moitas delas en situacións especialmente vulnerables». «Ese debe ser o obxectivo final da Deputación: prestar a nosa axuda a entidades que xeren iniciativas positivas na sociedade», apuntou o presidente.

Pola súa banda, a deputada de Política Social, Mar García Vidal, detallou as axudas van destinadas a apoiar programas de atención psicosocial, intervención socioeducativa, activación socio-laboral, inserción laboral e tratamentos terapéuticos ou preventivos; servizos das entidades sociais, igualdade de xénero e mantemento de centros sociais.

Deste xeito, a Deputación da Coruña lanza unha liña de axudas dotada con 900.000 euros para financiar programas de atención psicosocial, intervención socioeducativa, activación socio-laboral, inserción laboral e tratamentos terapéuticos ou preventivos. O máximo importe da subvención por entidade nesta liña será de 40.000 euros, destinados a financiar proxectos con orzamentos de entre 1.000 e 60.000 euros.

Por outra banda, a entidade provincial destinará 1.000.000 euros a financiar investimentos en servizos como centros de menores, de atención á infancia, residenciais, ocupacionais, de día, de acollida, bancos de alimentos, albergues ou comedores sociais, ademais de iniciativas relacionadas coa inserción laboral. A diferenza da anterior convocatoria descrita, o importe do orzamento de gastos pode variar entre os 750 euros e os 200.000, aínda que a cantidade máxima subvencionable é tamén de 60.000 euros.

Por último, tamén é oficial a convocatoria dun programa de subvencións para o mantemento de centros de servizos sociais, que conta con 900.000 euros de fondos e poderá financiar o 100% dos orzamentos presentados que vaian entre 80.000 e 10.000 euros. Neste caso, os gastos subvencionables abranguen a compra de bens destinados á actividade, materias primas, aprovisionamentos, arrendamentos, reparacións, transportes, seguros, subministracións ou publicidade e comunicación. Tamén se inclúe a posibilidade de financiar soldos, cargos da Seguridade Social e compensación de gastos por colaboracións.

Outra das liñas destina 500.000 euros para o financiamento de programas sociosanitarios dirixidos a persoas trasplantadas, con enfermidades pulmonares, renais, reumatolóxicas, neurodexenerativas, neurolóxicas, de cáncer e outras patoloxías crónicas ou agudas importantes que precisen coidados prolongados e rehabilitación. As axudas poden oscilar entre os 1.250 e os 100.000 euros por entidade.

Finalmente, unha liña de axudas específica, dotada con 550.000 euros, destínase ao mantemento de programas para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a programas de loita contra a violencia de xénero.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.