diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Ciudades

A Deputación adxudica por 1,7 millóns as obras de remodelación integral da avenida de Santa Cristina en Oleiros

  • 27 de febrero de 2024
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 1.682.061,97 euros á UTE Citanias-Gremoba as obras de remodelación da estrada DP-5804, que dá acceso á praia de Santa Cristina, en Oleiros. 

As obras suporán a “remodelación integral” desta travesía urbana, mellorando a súa accesibilidade, ampliando as beirarrúas, renovando o alumeado público e o mobiliario urbano e poñendo ao peón como protagonista, cunha maior extensión dedicada á actividade social.Os traballos comezarán o vindeiro mes de marzo e teñen un prazo de execución de oito meses. 

Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, durante a súa visita á localidade oleirense, na que estivo acompañado polo alcalde e deputado provincial Ángel García Seoane, o concelleiro de Obras, Antonio Molinos, e o deputado provincial José Ramón Rioboo. 

“Por fin temos adxudicada a obra que vai humanizar integramente a avenida de Santa Cristina, unha rúa que esteticamente é dos anos 80, moi transitada na época estival e nas fins de semana e que necesita unha remodelación a fondo”, explicou o presidente provincial.

Formoso recalcou que os traballos teñen un importe de preto de 1,7 millóns de euros, “un investimento importante para a Deputación”, e incidirán “na mellora da accesibilidade, respectar a vexetación e as árbores, darlles protagonismo aos peóns, delimitando claramente os espazos para os vehículos e para as persoas, renovar o mobiliario urbano, a iluminación e tamén as partes que non se ven dunha rúa, como as drenaxes”.

Subliñou tamén que a actuación nesta estrada complétase “coas actuacións que está executando o Concello de Oleiros nas rúas transversais que dan acceso a esta avenida”. “Creo que vai quedar lista para os próximos 50 anos”, dixo o presidente sobre unha rúa cuxa urbanización databa de finais dos setenta, como recordou o alcalde.

Formoso explicou que a adxudicación culmina “unha tramitación complexa” pola importancia dos traballos e que se lle vai insistir á empresa responsable que trate de executala con axilidade e “causando as menores molestias posibles”, dado que se trata dunha zona comercial e hostaleira con moita afluencia de xente.

García Seoane concordou en que se trata dunha actuación “moi esperada” e que dará resposta á necesidade de acometer “unha reforma integral” da vía. “É un bulevar e como tal vai quedar para o goce de todos”, afirmou o rexedor de Oleiros. 

O alcalde sinalou que se trata dunha zona de ocio moi frecuentada por coruñeses e oleirenses, “cunha afluencia de miles de persoas para gozar dos parques, da praia e de moitos negocios de hostelería para estar coa familia e os amigos”. O alcalde sinalou que o Concello está actuando xa na urbanización das rúas Humboldt e Linneo da zona para completar unha actuación que vai a mellorar notablemente todo o entorno.

As obras da Deputación permitirán renovar completamente esta transitada avenida, que na actualidade presenta unha serie de deficiencias, cunha actuación que ten por obxecto reordenala e humanizala, cunha delimitación clara da circulación do tráfico rodado e priorizando a mobilidade peonil. 

O proxecto contempla a ampliación das beirarrúas, poñendo ao peón como protagonista cunha maior extensión dedicada á actividade social. Habilitaranse zonas de estancia e puntos de encontro e áreas axardinadas, instalarase novo mobiliario urbano e levaranse a cabo actuacións que redundarán nunha notable mellora estética. Ao mesmo tempo, propiciarán unha redución da velocidade de circulación do tráfico rodado na travesía.

As obras conservarán, ou incrementarán se é posible, as prazas actuais de aparcamento debido á forte demanda de estacionamento na contorna, cun novo deseño máis accesible e estético e integrando na planificación as árbores xa existentes. A vexetación terá un maior protagonismo tras a remodelación.

Deste xeito, os cambios na xeometría actual da rúa contemplan a supresión ou redución no ancho da mediana, para dotar dunha maior sección transversal ás beirarrúas na marxe esquerda.

Tamén se procederá á renovación do alumeado público, plantexando a disposición de novos báculos de iluminación nas marxes en lugar de dispoñelos na mediana. 

Por outra banda, renovarase a rede de drenaxe da calzada existente e soterraranse as liñas eléctricas situadas na marxe esquerda. O proxecto prevé a necesidade de renovar os actuais contedores subterráneos de residuos.

Na parte final da rúa, aproveitarase o tramo do carril esquerdo en desuso para xerar unha zona de estancia ampliando a beirarrúa do lado esquerdo, ademais de elevar a cota da calzada xerando un tramo de plataforma compartida na chegada á contorna do paseo marítimo.

O presidente provincial e o alcalde visitaron despois dúas obras executadas en Oleiros con fondos do Plan Único, como son o acondicionamento da rúa Subiña e o acceso ao novo campo de fútbol de Mera, onde se investiron 393.516,20 euros, e a substitución do céspede artificial do campo de fútbol Eugenio Pardo Conchado, situado na rúa Condús, cun custo de 325.171,25 euros.

Trátase de dúas das 44 actuacións levadas a cabo en Oleiros nos últimos oito anos con cargo aos POS+, que supuxo investimentos no municipio por máis de 11,1 millóns de euros.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Actualidad
    • Ciudades
    Club de Remo Puebla e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña, recoñecida pola súa contribución ao atletismo galego na Gala do Atletismo celebrada en Santiago
    • 31.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia, de novo, o Gran Fondo Ézaro, que incluirá un novo tramo de terra na edición 2025
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    «As Pontes Ecuestre» consolídase no calendario galego de competicións hípicas co apoio da Deputación
    • 28.05.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña apoia o maior torneo internacional de squash feminino que se celebra en España
    • 26.05.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad