diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A Coruña inicia o proceso duns orzamentos participativos aos que destina 2,5 millóns de euros, un 17% menos que en 2019

  • 9 de septiembre de 2022
  • Marcos Rodríguez
Total
0
Shares
0
0

O Concello da Coruña pon en marcha a sexta edición do programa de Orzamentos Participativos. A través desta ferramenta, a cidadanía da Coruña pode escoller a que destinar 2,5 millóns de euros do orzamento municipal de 2023. Hai catro anos adicábase un 17% máis, ata 3 millóns de euros

Segundo informa o Concello, a cidadanía propón proxectos de investimento que son preseleccionados nunha fase de apoios, logo son avaliados polo persoal técnico do concello e, finalmente, chegan a unha fase de votación final. As propostas máis votadas pasan a formar parte do proxecto inicial do orzamento xeral do ano seguinte.

O próximo luns 12 de setembro ábrese a primeira fase polo que, a partir das 9:00 da mañá xa pódense facer propostas de investimentos. Todas as persoas empadroadas na Coruña e maiores de 16 anos poden propoñer, apoiar e votar propostas de investimento.

Do mesmo xeito que o ano pasado, a participación pode facerse de varias maneiras:

1. Na plataforma de participación https://nacorunacontas.coruna.gal/, sendo necesaria a verificación dunha conta de persoa usuaria, ainda que, se xa participou nos Orzamentos Participativos anteriormente, a conta de persoa usuaria permanece activa. Para solucionar problemas de acceso ou incidencias pódese chamar ao 010.

2. De xeito presencial nos rexistros municipais, nas oficinas de María Pita, Ágora e Fórum. Para a presentación de propostas deberase completar un formulario específico que enviamos xunto a este correo e pódese atopar tamén de maneira física nas oficinas de rexistro ou pedilo nos puntos de apoio.
Para acudir de maneira presencial ás oficinas de rexistro municipal é preciso solicitar cita previa a través do teléfono de atención cidadá 010 ou a través da páxina web do Concello da Coruña, sempre indicando expresamente que a cita é para a participación presencial no Programa de Orzamentos Participativos.

Ademais, estará dispoñible un servizo de axuda persoal nos puntos de apoio presencial: os Centros Cívicos Municipais, as Bibliotecas Municipais da Coruña, a rede de espazos de información xuvenil e a Federación de Asociacións de Veciños de A Coruña e Área Metropolitana.

As entidades asociativas teñen a posibilidade de organizar encontros específicos presenciais enfocados a aqueles sectores da poboación que máis o precisan. Un equipo técnico organizará o encontro e facilitará os recursos precisos para a súa celebración. Pódese solicitar por correo electrónico a participacion@coruna.gal

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marcos Rodríguez

Últimas entradas
    • Coruña
    A Deputación promove o deporte base co Circuíto de Baloncesto 3×3, que se celebrará en Carballo, Ordes e Brión
    • 22.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    A Deputación clausura en Outes os cursos de Defensa Persoal Feminina, nos que participaron 300 mulleres da provincia
    • 12.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña recibe ao Baxi Ferrol tras o seu histórico subcampionato europeo
    • 07.04.25
    • Redacción
    • Coruña
    Abderrahmane Aferdi e Alice Finot gañan Os 10.000 Peregrinos, que bate récord de participación
    • 05.04.25
    • Redacción
    • Actualidad
    • Coruña
    A Deputación destina 567.317 euros para financiar equipamento e melloras de instalacións a máis de 60 entidades deportivas da provincia
    • 01.04.25
    • Redacción
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.

Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.AceptarNoPolítica de privacidad