diSÍnoticias
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Social Links
Facebook
Twitter
0
0
diSÍnoticias.es

Mántengase informado, no abrumado

diSÍnoticias.es
  • Actualidad
    • Coruña
    • Ciudades
    • Galicia
  • Opinión
  • Vida
    • Culturas
    • Sabores
    • Estilos
    • Destinos
  • Revista Sí
    • Entrevistas
    • A fondo
    • Galerías
  • Coruña Bonita
  • Negocios
    • Empresa
    • Comercio
    • Innovación
  • Grada Elevada
    • Deportivo
    • Básquet Coruña
    • Deportivo Liceo
    • Más deporte
    • Más fútbol
    • Motor
    • Aquellos Maravillosos Años
    • El Rebumbio
  • Actualidad
  • Coruña

A CIG denuncia fraude de lei ante a Fiscalía na provisión de postos do Concello da Coruña

  • 23 de mayo de 2023
  • Marta Arias
Total
0
Shares
0
0

A sección sindical da CIG no Concello da Coruña vén de rexistrar unha denuncia diante da Fiscalía para que investigue toda unha serie de actuacións feitas polo Goberno municipal na provisión de postos que a central nacionalista considera claros fraudes de lei. A representación da CIG entregou ao Fiscal Xefe da Coruña un informe no que se describen “toda unha serie de situacións irregulares nos nomeamentos e motivacións das comisións de servizo (CS) que entende poderían ser constitutivos de delito”.

A decisión de acudir á Fiscalía, apuntan, “adóptase tras anos de presentar (e gañar) denuncias no Contencioso-Administrativo e reclamar de maneira infrutuosa o cumprimento da legalidade en materia de cobertura de postos”. A este respecto, a sección sindical subliña que “está cansa da forma na que o concelleiro responsábel de Persoal, José Manuel Lage Tuñas, executa as sentenzas do contencioso, de como mangonea todo en canto ás provisións de postos e de como castiga a quen se lle pon por diante”.

Dende a CIG acusan ao goberno municipal de falta de transparencia: “Este goberno chegou a María Pita no 2019 cunha sentenza sobre 150 CS pendente de executar (cese das mesmas). No lugar de executala, o señor Lage dedicouse a enmarañar a provisión de postos sobre unha situación xa complicada de por si. Para darlle unha aparencia de legalidade, enterámonos en marzo de 2021 de que existía unha instrución interna (3/2020) que deixaba aberto calquera nomeamento ao criterio do xefe de turno. Foi a coartada perfecta para darlle un impulso as novas CS”.

Destacan que en abril de 2022 unha sentenza declara non conforme tres nomeamentos en CS, porque non houbo transparencia. En maio de 2022 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula unha CS ante a falta de motivación en canto a urxencia e en outubro dese mesmo ano denuncian outros dous asuntos que non foron contestados polo Goberno Municipal.

Sinalan tamén dende a CIG “a paralización dos concursos específicos dende abril de 2019 dos postos da máxima responsabilidade para funcionarios (casi 20 xefaturas de servizo). Estes procesos xa tiñan pechado o prazo de presentación de instancias e a non execución provocou situacións tales como que algunha das persoas non puideran ver resolto o proceso por recente xubilación ou mesmo que moitos postos rematasen sendo ocupados en comisións de servizo por persoal que non fixo a solicitude para participar no momento da súa convocatoria (hai catro anos). Tamén a existencia de CS que superan o tempo máximo legalmente establecido (dous anos) e sen concurso á vista”.

Remata subliñando aos que entenden como cómplices neste proceso: “O señor Lage Tuñas non pode asinar resolucións sen a necesaria colaboración de distintos responsables. Estes colaboradores necesarios son os que avalaron todos os procesos opacos e que deron lugar a un dos maiores empobrecementos en materia de provisión de postos dende que existe a RPT no Concello da Coruña (2008), con máis de 200 CS no seu haber, con procesos paralizados sine die e outros sen data programada”.

Total
0
Shares
Share 0
Tweet 0
Share 0
Marta Arias

Últimas entradas
    • Grada Elevada
    • Deportivo
    Responsabilidades
    • 28.11.23
    • Juan L. Cudeiro
    • Actualidad
    • Ciudades
    A Deputación da Coruña enfoca os seus orzamentos para 2024 no Plan de investimentos nos concellos e no PEL para industrias enerxéticas
    • 27.11.23
    • Marta Arias
    • Actualidad
    • Arteixo
    Arteixo retransmitirá eventos en instalaciones municipales gracias a cámaras dotadas de inteligencia artificial
    • 26.11.23
    • Marta Arias
    • Actualidad
    • Coruña
    Así llega un responsable de recursos humanos a dirigir el departamento de Exposiciones y Memoria Histórica del Ayuntamiento de A Coruña al resultar elegido por delante de un licenciado en Historia y otro en Bellas Artes
    • 26.11.23
    • Sabela Pérez
    • Actualidad
    • Arteixo
    Arteixo abre al público la reformada plaza de Sol y Mar en Oseiro
    • 24.11.23
    • Marta Arias
Información
  • Todos los autores
  • Aviso legal
  • Política de privacidad
Síguenos
Facebook
Twitter

Ingresa las palabras de la búsqueda y presiona Enter.